CUENTA CONMIGO

Dirección: Rob Reiner

Nun pequeno pobo de Oregon, catro amigos saen da cidade en busca dun mozo desaparecido. Desexando ser vistos como heroes ante eles mesmos e ante os ollos do pobo, emprenden unha inesquecible excursión de dous días que se converte nunha aventura incrible. Fuman ás agachadas, contan historias, soltan tacos porque lles gusta e fan causa común cando as cousas ponse difíciles. Cando se atopan cos matóns do pobo, que armados de coitelos tamén buscan o corpo, os mozos descobren unha forza que nunca souberon que tiñan.

Unha entretida película de aventuras, bañada de nostalxia, que fai un certeiro retrato do difícil paso da nenez á adolescencia.

Baseada no relato autobiográfico "O corpo" de Stephen King

Cuena conmigo na wikipedia

Guía didáctica da película en Aula de cine

Trailer

Curiosidades da película

LA HERENCIA DEL VIENTO


Dirección: Stanley Kramer

Un mestre na cidade de Tennessee é acusado ante os tribunais por atreverse a ensinar aos seus alumnos a teoría da evolución de Darwin ,que parece chocar cos tradicionais ensinos bíblicos acerca da Creación. A súa defensa é levada por un obstinado avogado. Ao longo do xuízo somos testemuñas dun debate sobre fe e ciencia, liberdade de ensino, tolerancia e intolerancia.







SANG WOO Y SU ABUELA

Dirección: Lee Jung-Hyand


Sang Woo é un neno de 7 anos nado e criado na gran cidade. A súa avoa é muda e pasou toda a súa vida nunha pequena aldea. Obrigado polas dificultades, o mozo verase obrigado a quedar coa súa avoa na aldea. Afeito ás vantaxes e luxos da vida moderna pronto entrará en conflito con alguén cuxa alma está tan preto da natureza.

PISANDO FUERTE

Dirección: Julian Jarrold


Tras a repentina morte do seu pai, Charlie Price ten que facerse cargo do negocio familiar: unha fábrica de zapatos de toda a vida en Northampton, "Price and Sons". Charlie descobre enseguida que o negocio non marcha ben, e que sen novos pedidos irán á bancarrota. Cuns empregados escépticos respecto da súa capacidade como xefe, Charlie márchase a Londres en busca de solucións. Tras un encontro casual descobre un cabaret de travestis liderado por Lola, cuxo mundo vira ao redor dunha moda moi peculiar na que resaltan as botas altas de plataforma. Charlie empeza a descubrir un nicho por explotar no mercado do calzado...