LA MISIÓN

Director: Roland Joffé

América, século XVIII. "La Misión" encádrase na xungla tropical que está por encima das cataratas de Iguazú. Alí un xesuíta, o pai Gabriel, segue o camiño dun xesuíta crucificado, sen máis armas que a súa fe e unha frauta. Ao ser aceptado polos indios guaraníes, Gabriel crea a misión de San Carlos. Aos seus seguidores únese Rodrigo Mendoza, extraficante de escravos, mercenario e asasino, que atopa a súa redención entre as súas antigas vítimas, converténdose á súa vez en xesuíta. Logo de anos de loitar xuntos, ven divididos por posturas opostas nunha dramática batalla pola independencia dos nativos. Un confía no poder da oración. O outro cre na forza da espada.
Oscar (1986) á mellor fotografía.
Globo de Oro (1986) ao mellor guión e á mellor banda sonora.

No hay comentarios: