EL ILUSIONISTA


Director: Neil Burger

Na Viena de 1900, o misterioso Eisenheim engaiola o público co seus espectáculos de maxia e ilusionismo. Os seus poderes sobrenaturais chegan aos ouvidos do príncipe herdeiro Leopold, un home pragmático que acode ao seu espectáculo con incredulidade, acompañado da súa prometida, a fermosa e sofisticada Sophie.

Sospeitando unha fraude por parte de Eisenheim, encarga ao perspicaz inspector de policía Uhl que o teña ben vixiado... pero o que non se imaxinan Leopold nin Uhl é que Eisenheim prepara o seu número máis ambicioso.

No hay comentarios: