EL PERRO MONGOL



Directora: Byambasuren Davaa

Nansal, a filla máis vella dunha familia de nómadas mongois, atópase un día cun canciño mentres recolle o esterco preto da súa casa. Desde o primeiro momento encapríchase co animaliño, pro cando o leva á casa, seu pai ten medo de que lles traia mal agorio, xa que cre que pode ser descendente de lobos, e pídelle que se desfaga inmediatamente del. Maila as ordes de seu pai, Nansal queda co canciño.
El Perro Mongol cóntanos a historia do antigo vínculo que existe entre o home e o can e o significado especial que este vínculo ten en Mongolia para o eterno ciclo da reencarnación.

No hay comentarios: