CHARLIE Y LA FÁBRICA DE CHOCOLATE

Dirección: Tim Burton
A maioría das noites no fogar dos Bucket, a cea é unha cunca de sopa de repolo augada que o xove Charlie comparte con moito gusto con súa nai, seu pai, os seus dous avós e as súas dúas avoas. A súa é unha vella casa diminuta, estartalada e con correntes de aire, pero está chea de amor. Todas as noites, o último que Charlie ve desde a súa ventá é a grande fábrica, e queda durmido soñando co o que haberá dentro.Desde hai case quince anos, ninguén viu entrar ou saír da fábrica a un só traballador, e tampouco viron ao propio Willy Wonka, e sen embargo, misteriosamente, séguense elaborando grandes cantidades de chocolate que se envían a tendas de todo omundo. Un día Willy Wonka fai un anuncio trascendental. Abrirá a súa famosa fábrica e revelará "todos os seus segredos e a súa maxia" a cinco afortunados nenos que atopen uns billetes dourados agochados no interior de cinco chocolatinas Wonka elexidas ao chou. Nada faría máis feliz á familia de Charlie que velo gañar, pero ten moi poucas posibilidades, xa que só se poden permitir mercar unha chocolatina ao ano, para o seu aniversario. Vanse divulgando en todo o mundo as novas sobre os nenos que atopan os billetes dourados e a esperanza de Charlie é cada vez máis débil. Pero entón ocorre algo marabilloso:Charlie atopa unha moeda na rúa cuberta de neve e va á tenda más próxima para comprar una Delicia Wonka de Suculento Doce de Leite, pensando só na fame que ten e no rica que estará. Aí, baixo o envoltorio hai un escintileo dourado. É o último billete. ¡Charlie vai ir á fábrica!

No hay comentarios: