LAS MUJERES DE VERDAD TIENEN CURVAS


Directora: Patricia Cardoso

Ana ten 18 anos e un futuro brillante. Está a piques de acabar os estudos de secundaria e coñeceu un mozo ao que lle gusta tal como é. Ana é a primeira da súa familia que pode atreverse a soñar con ir á Universidade, pero a súa educación modesta nun barrio do Este de Los Ángeles, e a lealdade que sente pola súa familia retéñena. Carmen, súa nai, traballa nun taller de costura. Tivo unha vida moi dura e pon todas as súas esperanzas en Ana para que esta lle dea os netos que ela cre merecer. Carmen ten boas intencións, pero subestima o carácter de Ana e as súas ganas de cambiar de vida.
Premio especial do xurado e Premio do Público no Festival de Cine de Sundance 2002 e Premio da Xuventude do Festival de Cine de San Sebastián 2002.
Guía didáctica na biblioteca a disposición do profesorado.

1 comentario:

Belén dijo...

¿Sabedes como podo conseguir esta película? Interesaríame conseguila para usar na aula. O meu mail é belenpunhal@gmail.com