LEÓN Y OLVIDO



Dirección: Xavier Bermúdez

León e Olvido son irmáns mellizos e orfos. León ten síndrome de Down. Olvido, cuxas relacións sentimentais non van nada ben, tivo que deixar os estudos e porse a traballar. León pretende acaparar as atencións da súa irmá. Os sentimentos que os unen e enfrontan son moi intensos por ambas partes até que un día aparece nas súas vidas Damián.
Premio Especial do Xurado Festival de Málaga (2004)
Globo de Cristal ao Mellor Director e á mellor actriz Festival de Karlovy Vary (2004)
Mellor Actriz e mellor Director Festival de Cine independente de Ourense (2004)
Premio do Público Festival de Atenas (2004)
Mellor Actriz Blcknights Film Festival Estonia (2004)

EL TERCER HOMBRE



Dirección: Carol Reed

Viena, 1947. O norteamericano Holly Martins, un escritor de novelas policiais, chega á capital austríaca cando a cidade está dividida en catro zonas ocupadas polos aliados da Segunda Guerra Mundial. Holly chega reclamado por un amigo da infancia, Harry Lime, que lle prometeu traballo. Pero o mesmo día da súa chegada coincide co enterro de Harry, quen foi atropelado por un coche. O xefe da policía militar británica insinúalle que o seu amigo se mesturou na trama do mercado negro.
Baseada na novela de Graham Green co mesmo título.
Oscar á mellor fotografía (1949)