Mostrando entradas con la etiqueta Personaxes históricos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Personaxes históricos. Mostrar todas las entradas

GANDHI



Director: Richard Attenborough


Mahatma Gandhi non foi nin un militar, nin un gran gobernante, nin sequera unha gran intelectual, pero se converteu en todo un símbolo de paz, conseguindo o que outros, antes, non puideron. Unha épica obra mestra que retrata o pensamento e alma dun hombreque imprimiu á súa xente a esperanza, a través dun modo de sentir e vivir diferente: o único camiño que coñecía para conquistar o tesouro máis grande do ser humano que é a liberdade.




DIARIOS DE MOTOCICLETA


Director: Walter Salles


Relata a odisea por Latinoamérica levada a cabo polo posteriormente coñecido revolucionario Ernesto "Che" Guevara e o seu amigo o Dr. Alberto Granado en 1952, cando Guevara era un novo estudante de medicina de 23 anos. Ambos embarcaron nunha viaxe de 9 meses percorrendo América do Sur nunha destartalada moto Norton de 500 cc, á que chamaban "A poderosa". Na súa viaxe foron á provincia arxentina de Córdoba, Buenos Aires, a Patagonia, a cidade chilena de Valparaíso, o deserto de Atacama, Machu Picchu e a colonia San Pablo, o leprosario máis importante de Latinoamérica. Diarios de motocicleta, baseado nos diarios e nun libro dos propios "Che" Guevara e Alberto Granado, non é a historia da radicalización dun revolucionario, é a crónica dun mozo que abandona o seu fogar e experimenta e esperta ao mundo do seu ao redor.


EL HUNDIMIENTO


Director: Oliver Hirschbiegel
O filme narra os últimos días dun Adolf Hitler envellecido, paranoico e desconectado da realidade, encerrado no búnker de Berlín co seus últimos fieis mentres as tropas soviéticas avanzan sobre a cidade. Un Hitler obsesionado en castigar a unha Alemania á que considera traidora porque non estivo á altura do ideario nazi: "Podemos afundirnos", repetía, "pero levaremos a un mundo connosco".
Esta afirmación, así como o desenvolvemento dos acontecementos que narra a película, aparecen no libro do mesmo título, escrito por Joachim Fest, e que serviu de guía para a realización da película pola súa crónica apaixoante, exacta e espeluznante duns días que nunca antes foran abordados con tanto detalle.


Ficha técnica

Web oficial da película (en inglés)