DIARIOS DE MOTOCICLETA


Director: Walter Salles


Relata a odisea por Latinoamérica levada a cabo polo posteriormente coñecido revolucionario Ernesto "Che" Guevara e o seu amigo o Dr. Alberto Granado en 1952, cando Guevara era un novo estudante de medicina de 23 anos. Ambos embarcaron nunha viaxe de 9 meses percorrendo América do Sur nunha destartalada moto Norton de 500 cc, á que chamaban "A poderosa". Na súa viaxe foron á provincia arxentina de Córdoba, Buenos Aires, a Patagonia, a cidade chilena de Valparaíso, o deserto de Atacama, Machu Picchu e a colonia San Pablo, o leprosario máis importante de Latinoamérica. Diarios de motocicleta, baseado nos diarios e nun libro dos propios "Che" Guevara e Alberto Granado, non é a historia da radicalización dun revolucionario, é a crónica dun mozo que abandona o seu fogar e experimenta e esperta ao mundo do seu ao redor.


No hay comentarios: