Director: Benito Zambrano
Ruy e Perico levan anos orquestrando en común a melodía do seu soño: converterse en estrelas da música. As súas partituras convertéronse na banda sonora que aluma as estreitas e apaixonadas relacións do marabilloso grupo de colegas que ambos comparten. Perico vive coa súa avoa, unha gran dama da música, tan elegante como única. Ruy, en cambio, vive coa nai dos seus dous fillos, Caridad, unha moza loitadora que sostén á familia grazas á elaboración de artesanías. A parella combate o crepúsculo da súa relación co luminoso apoio do mesmo grupo de amigos. Pero un bo día, unha parella de produtores españois que descubriu fai semanas o extraordinario talento de Ruy e Perico proponlles unha oferta internacional. De súpeto, os dous músicos veranse inmersos nun serio dilema. Estarán dispostos a deixar as súas profundas relacións atrás para abrazar o seu soño?
No hay comentarios:
Publicar un comentario