TROYA

Director: Wolfgang Petersen

Na antiga Grecia, a paixón de dous dos amantes máis lexendarios da historia, Paris, príncipe de Troya e Helena, raiña de Esparta, desencadea unha guerra que abordelará unha civilización.
O roubo de Helena ao seu esposo, o rei Menelao, por parte de Paris é un insulto que non se pode tolerar. O orgullo familiar establece que unha afronta a Menelao é unha afronta ao seu irmán Agamenón, o poderoso rei de Micenas, que non tarda en reunir a todas as grandes tribos de Grecia para recuperar a Helena de mans dos troianos e defender o honor do seu irmán.

Ficha técnica

EDUARDO MANOSTIJERAS

Director: Tim Burton


Érase unha vez... un castelo onde vivía un inventor que dedicou parte da súa vida a crear unha criatura perfecta á que chamou Eduardo. Pero o inventor morreu de súpeto e deixou incompleta a súa creación, xa que no canto de dedos tiña unhas horribles mans con follas de texoira. O pobre Eduardo vivía só no castelo ata que unha encantadora nova, que traballaba para a firma Avon, levouno á súa casa xunto coa súa familia. Pero unha criatura tan especial como Eduardo non estaba preparada para vivir nunha cidade tan extravagante e falsa como Suburbia...

A LINGUA DAS BOLBORETAS


Director: José Luís Cuerda
A historia dunha infancia nun entorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República. Baseada nos contos "A lingua das bolboretas", "Carmiña" e "Un saxo na néboa", extraídos do libro "¿Que me queres, amor?" de Manolo Rivas.
Guía didáctica (auladecine)

HARRY POTTER Y LA PIEDRA FILOSOFAL


Director: Chris Columbus
Harry Potter decátase, o día do seu décimo primeiro aniversario, de que é o fillo huérfano de dous poderosos feiticeiros, e que el mesmo tamén posúe poderes máxicos. No colexio Hogwarts de Maxia e Hechicería, xunto con outros nenos que tamén teñen algún tipo de poderes e onde aprenderán todo o necesario para ser meigos, Harry embarcarase na aventura da súa vida.
Baseada na novela do mesmo nome escrita por J.K. Rowling

HOTEL RWANDA


Director: Terry George

Fai dez anos, mentras o país de Ruanda caía na tolemia, un home prometeu que protexería á familia que amaba e acabou por atopar o valor para salvar a máis de 1.200 persoas. Hotel Rwanda narra a exemplar historia do heroe da vida real Paul Rusesabagina, xerente dun hotel de Ruanda que fixo provisión da súa valentía e astucia para liberar a máis de mil refuxiados dunha morte certa durante a guerra civil entre tutsis e hutus.
Mentres o resto do mundo pechaba os ollos, Paul abría o seu corazón e demostraba que un home bo pode cambiar as cousas.


Ficha técnica

Páxina oficial da película ( en inglés)
Xenocidio en Ruanda (wikipedia)

Ficha de traballo (Amnistía Internacional)

EL SEÑOR IBRAHIM Y LAS FLORES DEL CORÁN


Director: François Dupeyron
O señor Ibrahim e as flores do Corán trata da amizade que se entabla entre dúas soidades, unha que empeza a vivir e outra que se atopa ao final do percorrido. Entre un rapaz, Momo, que foi abandonado por un pai inepto, e un ancián, Ibrahim, que leva unha existencia triste e rutineira detrás do mostrador da súa tenda de comestibles. O rapaz é xudeo e o tendeiro, interpretado de forma exquisita polo galardonado Omar Sharif, musulmán. Pero as súas diferentes orixes non teñen ningunha importancia, o esencial é que son complementarios. O neno dalle ao señor Ibrahim unha última xustificación na súa vida, e o ancián lle infunde a Momo a confianza plena de sabedoría que necesita para o seu crecimiento interior.
Premio ao mellor actor no Festival de Venecia (2003).
Ficha técnica
Web oficial da película (en inglés)

AGUA CON SAL

Dirección: Pedro Pérez-Rosado

Olga é unha moza cubana que chegou a España cunha beca para os seus estudos, pensando que isto ía ser o comenzo dunha vida mellor. Ao cabo do tempo é unha inmigrante ilegal que sofre os avatares da marxinación, non pode volver a casa e ten que buscarse a vida. Mari Jo é unha moza valenciana da Ribeira Alta, nacida nunha familia chea de problemas e á que o destino marcou a súa vida. Son traballadoras ilegais dunha fábrica de mobles na que cobran dous euros por hora.

Ficha técnica

Trailer

BALZAC Y LA JOVEN COSTURERA CHINA

Dirección: Dai Sijie

China a principios dos anos setenta segue baixo o yugo da Revolución Cultural. Dous adolescentes, Luo e Ma, fillos de intelectuais, son enviados para a súa reeducación a unha rexión perdida nos confíns do Tíbet. Desde que chegan, os mozos aprenden a buscarse a vida e a rebelarse contra todo o que lles rodea.

Ficha técnica

Balzac y la joven costurera china na biblioteca

OBABA


Director: Montxo Armendáriz

Lourdes, con apenas 25 anos, emprende unha viaxe cara aos territorios de Obaba. Na súa equipaxe leva unha pequena cámara de vídeo. Con ela quere atrapar a realidade de Obaba, do seu mundo, das súas xentes. Quere captar o presente, mostralo tal como é. Pero Obaba non é o lugar que Lourdes imaxinou, e pronto descobre que quen viven alí, como Merche, Ismael, ou Tomás, están ancorados nun pasado do que non poden, ou non queren, escapar. Lourdes intenta reconstruír o puzzle que de sentido ás súas vidas e que lle permita atrapar a realidade co seu cámara de vídeo. Pero sempre hai algo que falta, que se escapa, que non se alcanza a comprender. Como o misterioso comportamento dos lagartos que habitan Obaba. Un misterio que ninguén, nin sequera a cámara de Lourdes, é capaz de desvelar.

Esta película está baseada na novela de Obabakoak de Bernardo Atxaga

Ficha técnica

Montxo Armendáriz en wikipedia

Obaba en wikipedia

Bernardo Atxaga na biblioteca

EL MERCADER DE VENECIA

Director: Michael Radford

O mercador de Venecia, adaptación da coñecida obra teatral do dramaturgo inglés William Shakespeare (1564-1616), ambientada na Venecia do S. XVI,é unha das pezas teatrais máis populares da obra do escritor inglés, representada por primeira vez entre os anos 1596 e 1597. A obra, e agora película, explica a historia dun grupo de comerciantes e mercadores católicos e a súa relación cun usureiro xudeu. Todo empeza cando Bassanio quere conquistar á fermosa Porcia, para iso pide diñeiro prestado ao seu amigo Antonio. Co fin de axudarlo, este fai un trato con Shylock, un avaricioso prestamista, no que o prezo a pagar en caso de non poder devolverlle o diñeiro prestado será unha onza da súa propia carne. Antonio, ao fracasar o seu investimento, teme pola súa vida xa que Shylock lle demanda o pactado. A partir deste momento, os amigos e amigas de Antonio intentan evitar a súa morte. O mercador de Venecia retrata o sentimento antisemítico que tiñan os habitantes da mencionada cidade. Estes vivían en zonas apartadas da cidade e con acceso restrinxido a ela.

EL MILAGRO DE CANDEAL


Dirección: Fernando Trueba
Bebo Valdés, o gran pianista cubano, exiliado en Estocolmo, viaxa ata Salvador de Bahía (Brasil), onde as músicas e as relixións de Àfrica conserváronse da forma máis pura. Alí introdúcese na vida de Candeal, unha comunidade que, grazas á iniciativa de Carlinhos Brown e ao esforzo de seus moradores, converteuse nunha comunidade especial.
Utilizando a música como motor para todo tipo de iniciativas, as xentes de Candeal recuperaron a esperanza de que a realidade pode ser transformada, de que un mundo mellor é posible.
Goya ao mellor documental e a mellor canción orixinal ( 2005)

CRASH

Dirección: Paul Haggis

A descuberta do corpo dun home brutalmente asasinado nunha gabia fará cas vidas de varias persoas se mesturen en Los Ángeles. Un policía veterano e racista, o seu compañeiro novato e idealista, unha ama de casa branca esposa do fiscal do distrito, un tendeiro iraní, unha parella de cor adiñeirada... Estos son algúns dos personaxes entre os que xurdirán tensións tanto raciais, como relixiosas, como de clase, que ilustran o caos das vidas dos habitantes de Los Ángeles.
Óscar (2005) á mellor película, ao mellor guión orixinal e á mellor montaxe
Guía didáctica na biblioteca a disposición do profesorado

LA LEYENDA DEL PIANISTA EN EL OCÉANO



Director: Giuseppe Tornatore
A principios do século XX, Danny, un maquinista do trasatlántico "Virginia" atópase a un neno abandonado sobre un piano e decide adoptalo, bautizándoo como "Novecento". O barco convértese no seu fogar e os pasaxeiros na súas fiestras ao mundo. Cando alguén descobre o talento de Novecento, este mostrará o que sente dentro do seu reducido mundo, que non se atreve a abandonar.
Globo de Oro a mellor banda sonora (1999)

LOS EDUKADORES

Director: Hans Weingartner

Jan, Peter e Jule, tres mozos aborrecidos coa sociedade e as súas desigualdades soñan con cambiar o mundo. Eles son "Los edukadores".
Pola noite entran nas casas dos burgueses e, en vez de roubar, perturban a súa ordenada vida e desestabilizan o seu confort material mediante actos non violentos. Pero as cousas complícanse cando Jule, namorada dos dous mozos, implícaos accidentalmente nun secuestro...

Ficha técnica

Web oficial da película

Los edukadores na wikipedia

Artículo sobre a película