EL MILAGRO DE CANDEAL


Dirección: Fernando Trueba
Bebo Valdés, o gran pianista cubano, exiliado en Estocolmo, viaxa ata Salvador de Bahía (Brasil), onde as músicas e as relixións de Àfrica conserváronse da forma máis pura. Alí introdúcese na vida de Candeal, unha comunidade que, grazas á iniciativa de Carlinhos Brown e ao esforzo de seus moradores, converteuse nunha comunidade especial.
Utilizando a música como motor para todo tipo de iniciativas, as xentes de Candeal recuperaron a esperanza de que a realidade pode ser transformada, de que un mundo mellor é posible.
Goya ao mellor documental e a mellor canción orixinal ( 2005)

No hay comentarios: