EL MERCADER DE VENECIA

Director: Michael Radford

O mercador de Venecia, adaptación da coñecida obra teatral do dramaturgo inglés William Shakespeare (1564-1616), ambientada na Venecia do S. XVI,é unha das pezas teatrais máis populares da obra do escritor inglés, representada por primeira vez entre os anos 1596 e 1597. A obra, e agora película, explica a historia dun grupo de comerciantes e mercadores católicos e a súa relación cun usureiro xudeu. Todo empeza cando Bassanio quere conquistar á fermosa Porcia, para iso pide diñeiro prestado ao seu amigo Antonio. Co fin de axudarlo, este fai un trato con Shylock, un avaricioso prestamista, no que o prezo a pagar en caso de non poder devolverlle o diñeiro prestado será unha onza da súa propia carne. Antonio, ao fracasar o seu investimento, teme pola súa vida xa que Shylock lle demanda o pactado. A partir deste momento, os amigos e amigas de Antonio intentan evitar a súa morte. O mercador de Venecia retrata o sentimento antisemítico que tiñan os habitantes da mencionada cidade. Estes vivían en zonas apartadas da cidade e con acceso restrinxido a ela.

No hay comentarios: