Dirección: Rob Reiner
Nun pequeno pobo de Oregon, catro amigos saen da cidade en busca dun mozo desaparecido. Desexando ser vistos como heroes ante eles mesmos e ante os ollos do pobo, emprenden unha inesquecible excursión de dous días que se converte nunha aventura incrible. Fuman ás agachadas, contan historias, soltan tacos porque lles gusta e fan causa común cando as cousas ponse difíciles. Cando se atopan cos matóns do pobo, que armados de coitelos tamén buscan o corpo, os mozos descobren unha forza que nunca souberon que tiñan.
Unha entretida película de aventuras, bañada de nostalxia, que fai un certeiro retrato do difícil paso da nenez á adolescencia.
Baseada no relato autobiográfico "O corpo" de Stephen King
Cuena conmigo na wikipedia
Guía didáctica da película en Aula de cine
Trailer
Curiosidades da película
CUENTA CONMIGO
Publicado por Marga o día 6.2.09 0 comentarios
Etiquetas: Adolescencia, Aventuras, Guía didáctica
LA HERENCIA DEL VIENTO
Publicado por Marga o día 3.2.09 0 comentarios
Etiquetas: Darwin, Historia Universal, Tolerancia
SANG WOO Y SU ABUELA
Publicado por Marga o día 1.2.09 0 comentarios
Etiquetas: Adolescencia, Multiculturalidade, Natureza e medio ambiente
PISANDO FUERTE
Publicado por Marga o día 1.2.09 0 comentarios
Etiquetas: Mundo laboral, Tolerancia
BUDA EXPLOTÓ POR VERGÜENZA
Dirección: Hana Makhmalbaf
Baixo a estatua do Buda que destruíron os talibán, aínda viven miles de familias. Baktay, unha nena afgá de seis anos, é incitada a ir á escola polo fillo dos seus veciños que le os alfabetos fronte á súa cova. De camiño á escola, é acosada por uns nenos que xogan de forma cruel reflectindo a sociedade tan violenta que os envolve. Os nenos pretenden lapidar a Baktay ou destruíla como o Buda, ou disparala como fixeron os americanos no labirinto de covas. Será capaz Baktay de superar estes obstáculos para poder aprender os alfabetos na súa lingua materna?
Ficha técnica
Trailer
Ficha en Cine y educación
Buda explotó por vergüenza na wikipedia
Budas de Bamiyán
Publicado por Marga o día 25.1.09 0 comentarios
Etiquetas: Conflitos bélicos, Crítica social, Menores, Mulleres, Multiculturalidade