Dirección: Emilio Martínez-Lázaro
LAS 13 ROSAS
Publicado por Marga o día 31.10.08 0 comentarios
Etiquetas: Conflitos bélicos, Guía didáctica, Historia de España
YO SOY SAM
Publicado por Marga o día 29.10.08 0 comentarios
Etiquetas: Discapacidade
COMETAS EN EL CIELO
Dirección: Marc Forster
Nun país dividido ao bordo da guerra civil, dous nenos, Amir e Hassan, están a piques de separarse para sempre. Numerosas cometas, que participan nun torneo infantil, crúzanse no intenso azul do ceo de Kabul. Pero logo de gañar o torneo, a traizón dun neno atemorizado porá en marcha os mecanismos dunha catástrofe... e o comezo dunha procura épica da redención. Agora, logo de 20 anos vivindo en Estados Unidos, Amir regresa a Afganistán, a pesar do perigo que supón o implacable goberno dos talibán, disposto a enfrontarse cos escuros segredos que lle perseguen e a reparar o dano que fixo.
Baseada na novela homónima do escritor afgano-americano Khaled Hosseini
Ficha técnica
Khaled Hosseini na nosa biblioteca
Trailer
"Osama", tamén fala da situación en Afganistán
Publicado por Marga o día 23.10.08 0 comentarios
Etiquetas: Cine e literatura, Conflitos bélicos, Menores, Multiculturalidade
BÁILAME EL AGUA
Dirección: Josecho San Mateo
David e Carlos, dous veinteañeros cansados de convencionalismos, deciden vivir na rúa, buscándose a vida día a día. Durante unha das súas pouco inspiradas improvisacións musicais no Metro, David descobre a María, que aos poucos se irá convertendo nunha obsesión para el. Tamén María odia o seu traballo e a súa vida vulgar, quere escapar e pronto se lanzará á rúa con David. A partir dese momento a vida arrástralles, engólelles e as situacións vanse complicando como un bulebule que lles conducirá sen remedio ao abismo. Ou quizá non...
Baseada na novela homónima de Daniel Valdés.
Ficha técnica
"Báilame el agua" na wikipedia
Trailer
Guía didáctica na biblioteca a disposición do profesorado
Publicado por Marga o día 22.10.08 0 comentarios
Etiquetas: Adolescencia, Guía didáctica
AGUA
Dirección: Deepa Mehta
India, 1938, en plena loita de Gandhi por independizarse de Gran Bretaña. Chuyia, unha nena de 8 anos, é obrigada a casar cun moribundo, que falece a mesma noite da voda. Seguindo as tradicións locais, Chuyia é trasladada ao `ashram´, un sitio onde as viúvas pasan toda a súa vida honrando a memoria do seu defunto marido. Rexenta o lugar Madhumati, unha gobernante despótica, que somete a esas mulleres a un ríxido control. A cambio de marihuana, Madhumati entrega as viúvas máis novas a un cacique do lugar, para que se prostitúan.
Ficha técnica
Páxina oficial da película
Trailer
Publicado por Marga o día 22.10.08 0 comentarios
Etiquetas: Crítica social, Menores, Mulleres
DIARIOS DE LA CALLE
Dirección: Richard LaGravenese
Erin Gruwell é unha nova profesora recentemente licenciada que lle asignan como primeiro traballo dar clases de lingua a un grupo de alumnos dun instituto de Long Beach (California), onde só hai malos estudantes de zonas marxinais que teñen a violencia entre bandas no seu día a día. Logo dun mal comezo coa súa clase, pronto atopará o xeito de achegarse a eles: falaralles de Ana Frank e outros adolescentes menos afortunados que eles que viviron grandes traxedias humanas e escribiron sobre elas...
Baseada no libro "Diarios de la calle" de Erin Gruwell
"Diarios de la calle" na wikipediaO libro "Diarios de la calle" tamén na biblioteca
Trailer
Publicado por Marga o día 22.10.08 0 comentarios
Etiquetas: Adolescencia, Cine e literatura
14 KILÓMETROS
Dirección: Gerardo Olivares
Catorce quilómetros é a distancia que separa África de Europa, pero tamén é a barreira que separa os soños de millóns de africanos que ven en Occidente a súa única saída para escapar do fame e da miseria. Da man de tres mozos africanos -Violeta, Buba e Mukela- percorreremos un longo e perigosa viaxe a través do Sahara para coñecer o que nunca ensinan os medios de comunicación. As repetidas imaxes en televisión de caiucos chegando ás costas de Canarias acabaron por insensibilizarnos ante un drama que só mostra a punta do iceberg. Esas imaxes de rostros exhaustos dan boa fe da dureza da viaxe, unha viaxe que ten a súa orixe a miles de quilómetros de distancia e que pode durar anos. E isto é o que pretende 14 quilómetros.
Premiada na Seminci: Espiga de Ouro, mellor Música e mellor Fotografía
Ficha técnica
Entrevista co director
Trailer
Publicado por Marga o día 22.10.08 0 comentarios
Etiquetas: África, Inmigración
JUNO
Publicado por Marga o día 21.10.08 0 comentarios
Etiquetas: Adolescencia
LA VIDA DE LOS OTROS
Dirección: Florian Henckel Von Donnersmarck
O capitán Gerd Wiesler é un oficial extremadamente competente da Stasi, a todopoderosa policía secreta do réxime comunista da antiga República Democrática Alemá. Pero, cando en 1984 encoméndanlle que espíe á parella formada polo prestixioso escritor Georg Dreyman e a popular actriz Christa-Maria Sieland, non sabe ata que punto esa misión vai influír na súa propia vida.
Ficha técnica
"La vida de los otros" na wikipedia
Trailer
Publicado por Marga o día 21.10.08 0 comentarios
Etiquetas: Crítica social, Historia Universal
TIERRA
Usando o Sol como guía, partimos cara a unha apaixonante viaxe con escala no Ártico, onde unha familia de osos polares espértase baixo as primeiras luces da primavera en busca de comida antes do desxeo. A medio mundo de distancia, unha elefanta e a súa cría deben compartir a escasa auga dispoñible cunha orgullosa manda de leóns. Acompañaremos a unha balea na súa migración de 6.000 Km ata a Antártica durante a cal loitará por manter á súa cría a salvo. Esta viaxe inesquecible a través das distintas estacións e da loita diaria pola supervivencia no noso planeta, está rodada coas máis novas cámaras de alta definición. Desde as incribles paisaxes nunca vistas, ata os detalles máis íntimos das vidas das nosas queridas e esquivas criaturas salvaxes. Unha extraordinaria viaxe que sen dúbida nos deixará sen alento.
Publicado por Marga o día 21.10.08 0 comentarios
Etiquetas: Natureza e medio ambiente
ALATRISTE
Dirección: Agustín Díaz Yañez
Publicado por Marga o día 19.10.08 0 comentarios
Etiquetas: Cine e literatura, Historia de España