JUNO

Dirección: Jason Reitman

Juno Macguff ten 16 anos e é, segundo os adultos que a rodean, máis intelixente do que lle convén. E si, é certo, é enxeñosa, culta, rápida nas respostas, observadora e, sobre todo, sarcástica. Ese sarcasmo é a súa particular trincheira para esconder os seus medos e as dúbidas. A relación que mantén cun compañeiro de clase, Bleeker,acaba de deixar froito: está embarazada. A el interésalle pouco o asunto, ou máis ben nada. Juno está soa co seu problema pero xa tomou unha decisión: terá o neno e darao en adopción. O seu pai e o seu madrastra están de acordo. Agora hai que atopar pais adoptivos adecuados. Son Mark e Vanessa e son ideais. Só que Mark comparte demasiado con Juno, demasiadas afeccións comúns e un entendemento a primeira vista...





No hay comentarios: