Mostrando entradas con la etiqueta Homosexualidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Homosexualidade. Mostrar todas las entradas

BROKEBACK MOUNTAIN



Director: Ang Lee


Conta a historia de dous vaqueiros (un traballa nun rancho e o outro en rodeos) que se coñecen no verán de 1963 e que senten unha atracción mutua. Esta unión, chea de complicacións, alegrías e traxedia proba a forza e o poder do amor.
León de Oro no Festival de Cine de Venecia (2005)
Globos de Oro (2005) ao mellor director, película, guión e canción.

GET REAL

Dirección: Simon Shore
Steven Carter é un mozo de dezaseis anos que atopa cada vez máis dificultades no instituto, xa que a presión das aspiracións de seus pais e a intensa actividade hormonal impiden que se centre. El só sabe unha cousa da que está completamente seguro: é gay e sábeo desde hai anos. Steven séntese atraído por John, un baril atleta e compañeiro de colexio. Sen embargo, a amizade entre eles esperta críticas e comentarios mordaces desde o principio. A súa única confidente nestes asuntos do corazón é Linda, a súa vecina.
Avalada por numerosos premios internacionais nos Festivais de Edimburgo, Sundance e Madrid, Get real é unha adaptación cinematográfica do texto teatral de Patrick Wilde, "What's wrong with angry?"


Guía didáctica na biblioteca a disposición do profesorado