PERSÉPOLIS

Dirección: Marjane Satrapi


Narra a conmovedora historia autobiográfica dunha nena iraniana en pleno fundamentalismo islámico, desde a revolución islámica ata os nosos días. Cando os fundamentalistas toman o poder forzando ás mulleres a levar veo e encarcerando a miles de persoas, Marjane descobre o punk, ABBA e a Iron Maiden mentres vive o terror da persecución do novo goberno e a guerra de Irán e Iraq. Como adolescente envíana a Europa, onde por fin pode comparar outras culturas co fundamentalismo relixioso do que escapou. Eventualmente a protagonista adáptase ben á súa nova vida, pero non soporta a soidade e volve coa súa familia, aínda que iso signifique porse o veo e sentirse sometida a unha sociedade tiránica...


Baseada no cómic do mesmo título que tamén podes atopar na biblioteca.



No hay comentarios: