EL SILENCIO DEL AGUA


Directora: Sabiha Sumar

No ano 1979, en Charkhi, unha aldeiña de Pakistán, Aïcha vive alegremente aos corenta anos mais nunca fala do seu pasado. Coa morte do seu home a súa vida cambiou bruscamente e entregouse ao cuidado de Salim, seu fillo de 18 anos, un mozo doce e soñador que está namorado de Zoubida. Ao tempo, o xeneral Zia-ul-Haq vén de tomar o poder no país instaurando a lei marcial. Pakistán vai camiño da islamización e Salim comenza a frecuentar un grupo de fundamentalistas mentres se vai esquencendo de Zoubida. Súa nai está preocupada por el e sente a necesidade de facer algo, pero a chegada dun grupo de Sikhs indios, entre os que hai un que busca a súa irmá Virou, capturada por uns musulmáns en 1947, precipitará os acontecimentos e fará que o pasado saia á luz.


"El silencio del agua" é unha historia baseada en feitos reais.

No hay comentarios: