Director: Fernando León de Aranoa
O escenario é unha cidade costeira do norte, inubicada, que podería ser Vigo, Ferrol, Xixón, Bilbao ou tantas outras. Os protagonistas, un grupo de amigos ós que a reconversión industrial deixou no paro. Pasan os días entre a inactividade e a despesperación, matando o tempo nun bar onde se reúnen, tentando espantar a pantasma do desemprego. Pasean polas rúas sen rumbo fixo e pola falta da rutina laboral chegan a perder a autoestima e mesmo a esquecer en que día de semana viven.
Mellor película, director, actor (Javier Bardem), actor de reparto (Luis Tosar) e actor revelación (José Angel Egido) nos Premios Goya 2002.
Concha de oro á mellor película no Festival Internacional de Cine San Sebastián 2002.
Outras películas de Fernando León de Aranoa na biblioteca: Princesas
No hay comentarios:
Publicar un comentario