BILLY ELLIOT (QUIERO BAILAR)

A vida de Billy, un neno de 11 anos fillo dun minero no norte de Inglaterra, cambia o día que descobre unha clase de ballet mentres asiste ao seu adestramento de boxeo. Billy comeza a dar clases en segredo, sabe que nunha familia de mineros non o entenderían. Coa axuda da señorita Wilkinson o seu talento comeza a desenvolverse. Pero cando o seu pai descobre a súa paixón, Billy terá que loitar polo seu soño e o seu destino.

No hay comentarios: