PRINCESAS


Director: Fernando León de Aranoa

Esta é a historia de dúas mulleres, de dúas putas, de dúas princesas. Unha delas chámase Caye, ten case trinta anos, o flequillo de perruquería e un atractivo discutible, de barrio. Zulema é unha princesa desterrada, doce e oscura, que vive a diario no exilio forzoso da desesperación. Cando se coñecen están en lugares diferentes, case enfrentados: son moitas as rapazas aquí que ven con recelo a chegada de inmigrantes á prostitución. Caye e Zulema non tardan en comprender que, aínda que a certa distancia, as dúas camiñan pola mesma corda frouxa. Da súa complicidade nace esta historia.
Premios Goya 2005 á mellor actriz, mellor actriz revelación e mellor canción

No hay comentarios: