LA NOVIA CADÁVER

Ambientada nunha viliña europea no século XIX, esta película de animación conta a historia de Víctor un mozo que é levado de súpeto ao inferno, onde se casa cunha misteriosa Noiva Cadáver, mentres que a súa verdadeira noiva, Vitoria, espera no mundo dos vivos. Malia que a terra dos mortos resulta máis colorista que a súa estrita educación victoriana, Víctor aprende que non hai nada neste mundo, nin no seguinte, que poida separalo do seu único e verdadeiro amor. É un conto de optimismo, romance e unha "outra vida" moi animada contada co clásico estilo de Tim Burton.

A historia da noiva cadáver e do desventurado noivo naceu dun conto popular ruso sobre unha voda non desexada entre un home desafortunado e unha noiva morta. A historia romanticamente macabra espertou a atención e a imaxinación de Tim Burton, que traballou durante dez anos para levala á pantalla como unha película de debuxos animados en stop-motion.

No hay comentarios: